Unha hora máis tarde, cando o compañeiro da nai xa marchara, a nena deulle a sentenza á nai:
— Ese teu Manolo non che me gusta nada. É un canibal.
— Un canibal? —preguntou a nai estrañada.
— Si, o tipo comeu un anaco do biscoito que preparaches que tiña un cabelo teu. E aínda dixo que estaba boísimo...
© Frantz Ferentz, 2011
0 comentários:
Enviar um comentário